Sen noticias da chuvia

Segunda xornada da Ojete’s Cup 2020 en Belice e a chuvia volta facer estragos ó non rexistrarse nen pinga de auga.

Compoñente Sur pasa a semifinais á conta da temperatura mínima e o refacho, ainda que Bar Pequeno tiña un punto a favor na auga.

Tamén pasa a semifinais Oscar, cos mesmos detalles que o enfrontamento anterior. A temperatura mínima afundiu a Michi.

Na outra semifinal atopamos a Jose Lopez, que eliminou a Beocha pola diferenza na chuvia.

O seu contrincante será Breogán77, que superou a Marius en tódolos parámetros menos no refacho de vento.

Pola banda B do Cadro, Botikas gañóulle a Alucarda á conta das temperaturas.

A diferenza da auga foi o detonante da derrota de Víbora ante Xowi, máis estable.

Julio acadou a máxima puntuación da xornada para superar a un penalizado Lukas.

Máis sinxelo foi o pase de Verducido ante un “non comparecente” Iago.

Polo tanto temos unhas semifinais compricadas de predicir, con contendentes pouco vistos nestas tesituras. Agás Oscar, campión deste torneo naos atrás, o resto son novatos nas semifinais da Ojete’s Cup. A batalla polo 5º posto tamén está moi parella, con afán de redención nos enfrontamentos.

Polo lado dos derrotados en 1ª rolda, as semifinais polo 9º posto semellan partidos polo título, a tenor dos ilustres nomes dos competidores. A loita por non perder tódolas eliminatorias tamén ten importancia, ninguén quere quedar o faroliño de cola.

Para comprobar os datos da 2ª rolda da Ojete’s Cup 2020 en Belice, pica no botón de embaixo. No Cadro de Competición verás o teu próximo contrincante.

Na OjeteQuake, Lume foi a única no ámbito do maior terremoto do domingo, situado no Arco Aleutiano, que vai dende a península de Kamchatka ata o Golfo de Alaska. A penalización por tempo do ex-líder Lukas, fai que apenas exista distancia significativa entre o Top-10. Quedan 2 xornadas moi emocionantes e onde calqueira pode gañar, pero somentes o fará un/ha del@s.

Podes revisar os datos da 8ª xornada da OjeteQuake 2020 facendo click no enlace seguinte.

Saudos e sorte!!!

Sen noticias da chuvia Ler máis »

Segunda rolda

Estamos na hora de seleccionar ós 4 mellores xogadores en Belice. Semella que, a diferenza da 1ª xornada, as apostas están moito máis apertadas, sobre todo no parámetro da pluviosidade.

Bar Pequeno e Compoñente Sur marcan distancias no refacho e un pouco na temperatura mínima, con auga case semellante.

Oscar e Michi difiren pouco en tódolos parámetros. Decidirá a temperatura mínima, con refacho e auga na mesma onda.

As apostas de Beocha e Jose Lopez son case idénticas. Pode decidir os 2 litros de discrepancia en auga.

Breogan77 e Marius marcan diferenzas nas temperaturas, pero co resto dos parámetros moi similares.

Pola banda dos perdedores en 1ª rolda, Botikas e Alucarda comparten criterio na temperatura e na auga. Poden marcar distancias no refacho.

Víbora e Xowi alonxan o seu camiño na auga e no refacho, decisivos neste enfrontamento.

Julio e Lukas igualan na pluviosidade, pero no resto marcan grandes diferenzas. A penalización de Lukas pode ser definitiva.

No enfrontamento Verducido-Iago ainda agardamos por Iago que, de apostar antes das 18:00 horas, xogará penalizado.

Moi moi apertada esta segunda rolda, que podes seguir ao vivo dende eiquí, a partires das 08:00 da madrugada do domingo.

No tocante á OjeteQuake, a metade das apostas están no lugar de sempre, entre Indonesia e Filipinas. O resto, bastante espallado, ubícanse cara o Océano Pacífico, en Fiji e Xapón, con Canadá, Chile e México na banda americana. 2 apostas no Golfo de Bengala, con China e Mongolia en Asia continental. Tamén unha aposta en África, entre Mozambique e Madagascar.

Polo tanto, xornada con grandes oportunidades en moitos lugares do globo. Podes seguir a 8ª xornada da OjeteQuake dende eiqui, a partires das 02:00 horas da madrugada.

As apostas:

Saudos e sorte!!!

Segunda rolda Ler máis »

Chuvia fantasma

Antes de nada, desculpas pola tardanza na publicación dos resultados do domingo. Coma sempre os problemas técnicos da 1ª xornada de cada competición…

A chuvia foi a protagonista na maioría dos resultados. Moitos enfrontamentos tiñas amplas diferenzas neste parámetro, polo que foi decisivo para a gran parte das batallas.

O líder Botikas caeu ás primeiras de cambio e non poderá finalizar a tempada gañando tódolos títulos. A aposta á baixa na auga permite a Bar Pequeno acadar o título de “mataxigantes” na sua primeira presenza no Top-16 da Ojete’s Cup.

O seu rival na seguinte rolda será Compoñente Sur, que cimentou a vitoria sobre Alucarda tamén nas apostas de auga. Polo lado dos perdedores Alucarda medirase con Botikas.

Oscar tamén acadou o pase á seguinte rolda apostando seca absoluta, maniobra arriscada que remata con Víbora na cara oscura do cadro.

Michi tamén apostou baixo e manda a Xowi a loitar por un 9º posto. Primeira vitoria de Michi na primeira rolda desta competición e loitará con Oscar. Xowi pelexará con Víbora.

O 2ª cabeza de serie caeu coa 15ª. Beocha gañou a Julio na aposta máis pechada da xornada á conta da temperatura máxima.

O rival de Beocha tamén aproveitou a diferenza na auga para gañar a 1ª rolda. Jose Lopez avanza e envía a Lukas a competir con Julio.

Breogan77 eliminou a Iago no desempate. 2 kms/h foi a marxe para pasar de rolda na 1ª aparición no torneo de un-contra-un.

Marius será o seu contrincante ó eliminar o 6º cabeza de serie polas diferenzas en pluviosidade. Verducido vai á cara oscura e tentará batir a Iago por mellorar a posición.

Polo tanto temos unha segunda rolda polo título cheo de facianas novas. No lado contrario, grandes nomes da meteoroloxía amateur obrigad@s a loitar entre eles para non facer moito ridículo.

Para investigar o acontecido na 1ª rolda da Ojete’s Cup 2020 pica no botón de embaixo. Tamén atoparás un enlace ó Cadro de Competición actualizado.

Na OjeteQuake podemos falar dun golpe de man. Marius andaba alonxado do camiño que escolleu a maioría pero a tenacidade ten premio. Máis de 100 puntos de diferenza sobre os inmediatos persecutores, que o eleva ó 3º posto na xeral. Cando todo semellaba rematado cun “inocuo” 5,3 de magnitude, un movemento de 5,9 Mg. a falta de menos de 20 minutos do remate deixaba aó gañador nunha posición buscada por quen quere arriscar e trocar ó seu comportamento na clasificación xeral. O líder, Lukas, mantén a posición e incluso amplía a renta cos inmediatos persecutores.

Se queres coñecer o acontecido na 7ª xornada da OjeteQuake 2020, preme o botón embaixo estas liñas.

Saúde e sorte!!!

Chuvia fantasma Ler máis »

A conquista de Libertad

Arranca a primeira xornada da Ojete’s Cup 2020 en Belice, un lugar que gosta da humidade, tanto por baixo coma por riba dos apostantes que acadaron un posto nos 16 mellores.

A eliminatoria Botikas-Bar Pequeno ten moitas diferenzas nas apostas e non semella que vaian chegar ó desempate. Coma sempre en 1ª rolda, David tentará derrubar a Goliath.

Compoñente Sur e Alucarda teñen semellanzas pero tamén unha carga de auga moi amplia. Ahí pode estar a diferenza. Por certo, Compoñente Sur non ten penalización por problemas para entrar na web e fixoo público enviando un aviso cara as 23:00 horas. O erro foi constatado e por iso non penaliza.

Oscar e Víbora determinarán a sua sorte nos parámetros de auga, onde podemos ver un 0, e tamén no vento. A sequía contra o monzón.

Michi e Xowi teñen unha batalla moi semellante a Oscar-Víbora. Seco contra mollado, máis algún punto no vento.

Julio e Beocha teñen apostas na mesma liña, polo que pequenos detalles van decidir este choque. A segui ao vivo…

Jose Lopez e Lukas teñen importantes desencontros nas temperaturas, pero ainda máis na augo, que pode ser a determinante no resultado final.

Breogan77 e Iago están nun nivel de igualdade onde non colle un pelo do cú. Haberá que agardar ata o final…

Verducido e Marius van decidir a xornada entre a temperatura mínima e a auga. A temperatura é similar e o vento, o mesmiño para os dous.

A OjeteQuake concentra a maioría de apostas no sureste de Asia, unha no Perú, Xapón ou incluso Europa.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

A conquista de Libertad Ler máis »