Os novos desafíos
Saudos, meteoludópatas intrépid@s e rivais nas diferentes competicións de eltiempoentuojete.
Procedemos a dar conta da celebración da VII edición do Torneo de Vran no apartado meteorolóxico, ademáis da III edición da OjeteQuake World Globe, a liga anual de predicción de terremotos.
No canto da meteoroloxía, o Torneo de Vran consta de 5 xornadas a competir na Selva de Perú. Coma cada ano, é a maneira de acceder á Ojete´s Cup, torneo de un-contra-un que pon o colofón a cada tempada de eltiempoentuojete.
En sismoloxía recuperamos o desafío da predicción de terremotos na III OjeteQuake World Globe, de carácter global e que comprende de 10 xornadas, coincidentes coas 5 xornadas do Torneo de Vran, 1 de descanso e as 4 eliminatorias da Ojete´s Cup.
O inicio de ámbolos retos será o 28 de xuño. Xa podedes acceder á información relativa a cadansúa competición, etapas, regulamentación e recollida de datos. Se notades algún faio ou botades información en falta, non dubidedes en comunicar con nós dende o Formulario da páxina do Blog ou enviando un correo electrónico ó noso enderezo de correo eltiempoentuojete@gmail.com.
Saúde e clima!!!
Estadísticas New South Wales

Rematamos o ciclo da Liga de Primaveira 2020 con algúns datos estadísticos basicos sobre o acontecido en New South Wales. Consulta as porcentaxes de acerto por parámetro. Podes usalo para presumir de calidade meteorolóxica, xa que pode que sexa a liga con máis acerto das desputadas na historia de eltiempoentuojete. Pica no enlace para acceder.
En breve desgranamos a información sobre o VII Torneo de Vran e a III OjeteQuake World Globe. Segue vixiante…
Pechando o círculo

A derradeira xornada da VII Liga de Primaveira en New South Wales demostrou que faiamos na busca de auga cando escollimos a localización. Primeira vez que agotamos unha competición sen recibir precipitación algunha. Isto fixo que as puntuacións foran moi parellas e que incluso tiveramos que desempatar pola vía da calidade das vitorias.
O gañador en soidade foi o novato de primaveira, que remata moi forte eno desempate acada a 4ª posición final. Foi no desconto, cando subiu a temperatura a 6º C., o momento de desbancar a duas vacas sagradas, na vitoria e na clasificación xeral. Podemos ter ante nós unha nova promesa meteoludópata. Noraboa.
A xeral da Liga vai para o noso cacique particular. Cuarta competición consecutiva na sua conta, coa que pecha o círculo e unifica tódolas competicións anuais de eltiempoentuojete na versión meteorolóxica. Duas Ligas en Galicia, outras duas no vran, México e Taiwán e unha Ojete´s Cup en Guyana. Con ésta, 6 vitorias en competicións variadas. Ademáis, ten a oportunidade de gañar todo canto se xogue, con duas de duas nesta tempada. Pode deixar o listón infranqueable durante anos. Así se fai historia. Noraboa unha vez máis.
O soño de Jose Lopez quedou a un so punto de verse cumprido. Varias xornadas como líder poden facer pensar nunha consistente mellora, pero a consistencia non é a mellor das suas virtudes. Ainda así, e un xogador a vixiar. Para Beocha, 3ª na xeral é o seu terceiro podio consecutivo en Primaveira, cuarto en total. Acumula 7 podios en competición e vai sendo hora de subir un peldaño máis.
Por tras, Punteiro segue sen demostrar a calidade que seica atesoura. Superado por Marius na derradeira xornada, acumula vitorias parciais sen meter medo ós de sempre. O mesmo caso de Lume, que acada o 7º posto tras Verducido, que buscaba a 3ª vitoria e tentará no vran, coma Botikas, gañar en tódalas competicións. Xowi sube do 10º ao 9º posto, mentras Aki e Nanuq chegan ó Top-10, desbancando a Lukas, por retrasado, e a Breogán77 por faios graves nas temperaturas.
Ó longo da semana amosaremos estadísticas da Primaveira en New South Wales e desgranaremos a próxima edición do VII Torneo de Vran e a III OjeteQuake World Globe, a nosa Liga dos Terremotos.
Se queres acceder ós datos recabados na derradeira xornada da Liga de Primaveira, pica no botón abaixo exposto.
Saudos!!! Falamos en breve…
O final do camiño
Xornada definitiva para a VII Liga de Primaveira en New South Wales. Perisher Valley é unha estación de montaña a máis de 1700 m. de altitude e que, coma as etapas compañeiras, vaise desputar sobre seco. Vai ser a primeira vez que non academos nada de auga nos 7 anos de historia de eltiempoentuojete.
As apostas están moi parellas e semella que as vitorias acadadas serán moi importantes na hora de subir ou baixar postos na clasificación final. A priori somentes os 4 primeiros teñen oportunidade de levar a Liga de Primaveira para a sua casa, pero haberá que agardar ó final da xornada para coñecer o resultado final. Esta etapa podes seguila ao vivo dende este enlace a partires das 16:30 horas de hoxe mesmiño.






