Agardando pola humidade

Entramos na recta final da VII Liga de Primaveira e seguimos agardando unha pouca de chuvia para desenlear a clasificación xeral. Esta semana temos un atisbo de precipitación, máis que nas derradeiras xornadas.

As apostas de temperatura mínima van dende os 17 ata os 23º C. As mínimas, entre os 10 e os 15º C. A metade das apostas de pluviosidade está baleira e na outra metade atopamos ata 7 litros, ainda que a maioría marcou 1 ou 2. Nos refachos de vento, as postas van dende os 17 ata os 45 km/h.

Novamente temos moita igualdade nas prediccións, que plantexan unha xornada moi parella e que podes seguir ao vivo dende este enlace. A partires das 16:30 horas de hoxe mesmo.

As apostas:

Sorte e clima!!!

Agardando pola humidade Ler máis »

Novas publicacións

eltiempoentuojete comprácese en presentar duas novidades en canto a publicacións se refire. Con retraso chega a Crítica de Williamtown, pero con grande calidade e esforzo por parte de Mutombo, derradeiro pleno da historia. Moi por riba das derradeiras. Realmente merece a pena. Podes acceder dende o botón de embaixo.

Por outra banda en Botikas.org podes atopar unha nova reseña para mellorar o mundo no que vivimos (e imos morrer). Trátase dunha iniciativa verde a nivel europeo para a post-pandemia de COVID-19. Bótalle un ollo picando no botón de embaixo.

Tamén podes consultar os datos da xornada de Norah Head, onde atoparás un enlace o que sucede na estación meteorolóxica. Agárdanse treboadas fortes para xoves e venres, pero seica non imos ter sorte coa chuvia no domingo. Ou quizáis sí…

Clima e sorte!!!

Novas publicacións Ler máis »

Competición axustada

Moi apertada a xornada número 6 da Liga de Primaveira en New South Wales. Moss Vale fixo notar a diferencia de altitude coas suas irmáns australianas e somentes acadou os 11º C. no mediodía, mentras que a mínima tomouse na parte final do día. Este dato está recollido nos datos horarios, pois a temperatura tómase de 9 h. a 9 h., e non recolle como mínima os datos despóis das 09:00 horas. Da mesma maneira tómase o resultado de chuvia, que ainda que marca 0.2 litros, este dato ven do día anterior. O que sí foi definitivo nas duas távoas (diaria e horaria) foi o refacho de vento, recollida nos primeiros momentos da madrugada.

Desta forma temos cuarteto gañador, con tres deles metidos no Top-10, máis apertada que nunca e no que o lider aguanta, ainda que contra as cordas.

Pero que queres consultar os datos resultantes da xornada en Moss Vale, clica no enlace abaixo exposto.

Saude e sorte!!!

Competición axustada Ler máis »

Se o sei, quedo na casa

Semella que non atinamos cando escollemos New South Wales para celebrar a VII Liga de Primaveira. Ainda que chove, non o fai no día de autos, o domingo. Nesta ocasión probamos o interior de Illawarra, a preto de 700 m. de altitude, pero non temos sorte… Se o soubera de antemán, QUEDABA NA CASA…

Pero iso quere dicir que imos ter outra xornada de infarto, con puntuacións moi semellantes, onde cada punto pode valer varias posición na távoa xeral.

As apostas de temperatura van dende os 9 ata os 16º C., cun pico en 18º. As mínimas están entre 1 e 5º C., con picos entre 7 e 10. As apostas de auga están valeiras e o vento móvese entre os 23 e os 64 km/h.

Moi emocionante xornada que podes seguir ao vivo dende este enlace, a partires das 16:30 de hoxe mesmo.

As apostas:

Saude e sorte!!!

Se o sei, quedo na casa Ler máis »