Aviso. Troco

eltiempoentuojete debe comunicar o troco de ubicación da 14ª xornada da Liga da Inverneira. Estaba localizada en Lardeira, no concello de Carballeda de Valdeorras. O anemómetro non traballa dende fai un mes e, a día de hoxe non devolve nengún tipo de dato.
Polo tanto botaremos man da suplente, que neste caso será a de Serra do Eixe, no veciño concello de A Veiga. Xa está dispoñible unha nova páxina para o novo destino, con tódolos datos que poidemos recabar cando non tes o tempo necesario. Pedimos desculpas por iso e agardamos non provocar demasiados problemas a nengún/ha competidor. No enlace de embaixo podedes atopar a nova ubicación cos datos da estación e o enlace ó Formulario de apostas.
Aproveitamos para desexar a mellor destas festas a tód@los que fan posible esta aventulocura climática, entre os que estás tí, ainda que somentes apostes. Estamos a facer historia e tod@s temos a culpa.
Saúde e sorte!!!
Lotaría de nadal
Semellaba que nesta xornada tiñamos tódolos números para levar o “gordo” de Nadal. Grande variedade de apostas en tódolos campos predicían unha xornada con moitos movimentos na Clasificación xeral.
O gañador en soidade levaba tempo sen acadar a vitoria, pero con ela sube ata o 10º posto de gañadores históricos ainda que na xeral do ano en curso segue afundido máis alá do posto 20. Na segunda praza da xornada, o defensor do título volta recoller o liderato. Xunto coa 2ª clasificada collen renta co terceiro posto cando xa pasamos o ecuador da competición. Semella que se non se espabila dende atrás o campionato vai ser cousa de dous.
Se queres indagar nos datos deixados pola 13ª xornada da Liga da Inverneira, en Ventosa, preme no botón debaixo estas liñas.
Saudos e sorte!!!
O final do outono (ou non)
Antes ainda de comezar queremos dar conta da publicación, desta vez en formato video, da Crítica crónica da xornada de Marroxo, a 12ª xornada da Liga da Inverneira. Pódela atopar eiquí embaixo, no enlace ás Crónicas.
Na xornada que nos ocupa, as prediccións das axencias pronostican unha nova vaga de borrascas para a fin de semana. Ventosa é o lugar escollido para a predicción dos compoñentes de eltiempoentuojete.
E nótase nas apostas que vai ser unha xornada compricada. As temperaturas máximas están entre os 6 e os 11º C., con picos de 12 e 14º C. As mínimas, van dende -1 ata os 8º C. A variable da auga compréndese entre os 7 e os 29 litros, con picos de 36 e 55 litros. Os refachos acadan unha intensidade de ata 130 km/h.. Por baixo, dende 50 Km/h., con picos baixos de 32 e 35.
Con todo isto temos unha nova xornada de infarto que podes seguir ao vivo dende este enlace. Conecta de noite pero actualiza cara o mediodía e toda a tarde.
As apostas:
- Corrixíuse unha aposta de Popolo, na temperatura, por solicitude propia, dentro de tempo.





