As covas croatas

As Covas de Cerovac foron o escenario da 3ª etapa da X Liga de Primaveira e a despedida de terras croatas cara Italia. E coma en calqueira cova, as temperaturas foron frescas, estivemos cubertos da chuvia e o vento foi testimonial.

A temperatura mínima non baixou moito na madrugada e houbo que agardar ata a derradeira hora do día para ver a mínima. 1º C. negativo foi a marca acadada no remate do día. A máxima, como é normal, rexistróuse no mediodía e somentes chegou ata os 10º C. Non se constatou nengunha precipitación e o vento foi moi frouxo, acadando o seu refacho máximo na madrugada con 22 km/h.

Varios foron os líderes ó longo do día, pero houbo que agardar ata o final para o resultado definitivo. O factor decisivo foi a temperatura mínima, que despois do periodo de entre lusco e fusco descendeu de forma abrupta dende os 6º C. ata o -1 final. O vencedor final en soidade con 57 puntos foi Verducido, que mallou a temperatura máxima e perdeu 1 punto no resto de parámetros. Segunda vitoria consecutiva que lle da o liderato en soidade ante o desafío en terras do norte de Italia.

56 puntos foron os sumados por Víbora, cunha aposta moi similar á de Verducido pero perdendo 2 puntos nos refachos de vento. Segunda praza coa que obtén tamén o segundo lugar na xeral, compartido con Botikas.

Beocha acada a 3ª praza con 55 puntos, que a leva ata a 4ª praza na clasificación xeral a 2 puntos dos seus predecesores e a 3 do líder. Boa xornada tamén para ela co premio do Top-5.

54 puntos engaden no seu marcador Botikas e Denodeno, descoñecido nesta edición, con Top-10 despois de 3 xornadas. 6ª praza a somentes 4 puntos do liderato. Semella que quere dar a sorpresa. O antigo líder, Botikas, baixa un escalón ata a segunda para seguir dando guerra.

Con 53 puntos temos a M. B. Joaquín e a Landrán, con boa xestión das temperaturas. Landrán chega ata a 5ª praza e M. B. Joaquín é a outra sorpresa da xeral co seu 8º posto. Se non penalizan por tardosos poden ser unha boa alternativa ás “vacas sagradas”.

52 puntos foron os acadados por Compoñente Sur, ainda que se acertara máis nas temperaturas acadaría mellor posición na xeral. Ainda así entra no Top-10 a 6 puntos do liderato e semella adaptado ó mar Adriático.

Estas foron as 8 mellores puntuacións nas Cova de Cerovac. A destacar tamén a esa minoría que semella erraron na localización da etapa, entre eles o ex-líder Bar Pequeno, que baixa ata a 12ª praza compartida. Recordar que no extranxeiro a geolocalización da estación en xogo é o 50% do éxito. No será un problema grande nas xornadas en Italia, pero sí cando entremos en Eslovenia, na que os toponímicos volveran a compartirse con Croacia, Bosnia, República Checa, etc.

Se queres acadar tódolos datos surxidos das Covas de Cerovac, en Croacia, pica no enlace que ofertamos baixo estas letras.

As covas croatas Ler máis »

Despedindo Croacia

Derradeira xornada en Croacia antes de cruzar a fronteira cara Italia, desta volta a desputar nas Covas de Cerovac, na provincia de Zagreb. Semella que estos días pasados estivo a nevar na zona e que existen posibilidades de nevadas no domingo, durante o desenvolvemento da etapa. Seica hai un pequeno grupo que despreciou a neve, ou quizais non atoparon o lugar específico de xogo, entre eles o líder, Bar Pequeno, que con 11º de temperatura mínima asegura a carencia de neve. Pode ser que saiban algo que os demáis descoñecen, e para iso, haberá que agardar un pouquiño.

As temperaturas máximas van dende os 5 ata os 25º do líder. Polo que atinxe ás mínimas, están establecidas entre os -1 e os 11º. Moitos puntos entre unhas apostas e outras. Polo que á precipitación se refire, contamos con apostas dende os 0 ata os 6 litros. Pola banda dos refachos de vento, están entre os 15 e os 79 km/h. Moita apertura tamén neste parámetro.

Con apostas tan abertas, para mañá agardamos unha gran competencia, con posibles grandes diferenzas nas puntuacións finais. Se fose tí non agardaría a que mo contasen e seguiría a etapa ao vivo neste enlace a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada e mañán e horario continuado dende a mañanciña ata o final da xornada. Pode ser día de trocos e debes seguilo minuto a minuto.Se tes dificultades para acceder os datos de última hora, axudámoste con este tutorial.

Despedindo Croacia Ler máis »

Unha vitoria coral

A segunda etapa da xeira croata desta vez non tivo as sorpresas da etapa inaugural e, sendo seca e de baixo vento, semellou sinxela para a maioría dos participantes na X Liga de Primaveira. A temperatura mínima foi un pouco máis baixa do agardado pero nuns límites aceptables, rexistrando 12º C. A máxima mantívose dentro da media do apostado chegando na sobremesa ata os 26º C. O que sí estivo un pouco fora do corrente foi o vento, que sendo frouxo, estivo por baixo de calqueira aposta e somentes chegou ata os 9 km/h.

Baixo esta estabilidade atopamos a 7 magníficos con 56 puntos a repartir o trunfo en Zlarin. Bar Pequeno gaña por segunda vez consecutiva unha etapa e consolida o seu liderato, sementando a dúbida entre os grandes aspirantes. Semella que o Adriático séntalle mellor que o Atlántico. Sorpresa tamén a de Denodeno, coa segunda vitoria na sua historia, que complementa con praza no Top-10. Por fin un refacho dos que adoita apostar. E continuamos con curiosidades. Pájaro gañou a sua primeira etapa como competidor en eltiempoentuojete. Somentes necesitou 2 xornadas. Ademáis sitúase 4º na xeral. Quizais esteamos fronte a un novo portento da meteoroloxía amateur. Vitoria número 50 para Verducido, a maior cantidade rexistrada. Válelle para entrar no Top-10 da competición. Tamén Víbora volve á senda da vitoria despois de moito tempo sen conseguila. Tamén acada Top-10,xunto con Landrán, moi estable nas derradeiras datas e contínuo aspirante que só lle falta gañar unha competición. E por último M. B. Joaquín, que sen chegar tarde pode ser temible. Lastrado pola impuntualidade, nesta ocasión comparte vitoria cos cumpridores.

Por tras, con 55 puntos, Julio e Botikas que fan 2º e 3º na xeral. Botikas na sua liña metódica e Julio tratando de quitar a espiña cravada na Liga da Inverneira. Mesma puntuación para Marius, outro candidato que se coloca ó pé do Top-10 pero que non pode deixar escapar ós dianteiros nunha competición tan corta coma esta.

Se queres acadar toda a información referente á 2ª xornada da Liga de Primaveira, pica no enlace que amosamos baixo este texto.

Unha vitoria coral Ler máis »