Ojete’s Cup 2022. Western Ghats (India)

Para tod@s os que entraron no Top-16 do Torneo de Vran Brahmaputra, avisamos da próxima e derradeira competición da 9ª tempada meteoludópata de eltiempoentuojete. A Ojete’s Cup 2022 segue na mesma onda do mes de xullo e escolle India coma destino. Desta vez viramos cara a costa oeste do país, ó longo da cordilleira dos Western Ghats, que percorre o interior da costa occidental. O inicio está marcado para este domingo 7 de agosto, con aposta o venres 5.

Podes atopar a información necesaria nos menús, que deberían estar actualizados, da mesma maneira que os enlaces de interese. Coma primeira toma de contacto publicamos o Cadro de Competición, onde podes atopar o teu enfrentamento de primeira rolda e incluso saber quén son os futuros contrincantes.

Se percibes algunha falta de información ou erros na que amosamos, rogamos no lo comuniques ó noso enderezo electrónico: eltiempoentuojete@gmail.com

Enfrontamentos 1ª rolda

Nun par de días publicaremos un informe detallado de cada confrontación desta 1ª rolda de competición.

Sorte e clima!!!

Ojete’s Cup 2022. Western Ghats (India) Ler máis »

Clima en estado puro

Impresionante o desenrolo da derradeira etapa do IX Torneo de Vran edición Brahmaputra. Máis da metade dos participantes estiveron nalgún momento coma líderes de etapa. E outro tanto co Top-16, onde os participantes entraban e saían del cunha velocidade inusual, a medida que a chuvia enchía a cubeta da estación de Tura.

A xornada comezaba a 26º C., pero pronto baixou ata acadar a temperatura mínima da xornada, que marcou os 24º C. definitivo. A cubeta levaba 40 litros do día anterior, pero xa ás 03:00 horas acumulaba 15 litros no domingo. Ademáis, cara a 01:00 acadábase o refacho máximo, con 16 nós, ou 30 km/h. A chuvia seguia caendo e xa acumulaba 25 litros ás 06:00 horas, que foi a hora na que escampou. Unhas horas máis tarde a temperatura chegaba ó seu máximo con 28º C. Namentras semellaba que a chuvia rematara, pero máis aló das 17:00 voltaba chover con forza en Tura. Ata as 20:00 horas acumuláronse 31 litros máis, chegando ata os 56 litros no final do día.

Como xa diciamos, boa parte da comunidade meteoludópata liderou a etapa en Tura. Conforme se acumulaba a chuvia, os marcadores subían e baixaban a velocidade de vertixe. Incluso Verducido ameazaba ó liderato de Landrán. Pero foron ilusións, pois a chuvia non paraba e a xente iba collendo puntos en pluviosidade e perdíaos en pouco tempo. O final, a chuvia beneficiou ós destemidos e somentes 8 participantes acadaron puntos no parámetro da chuvia.

A épica vitoria foi para Mina, que acadou 16 dos 20 puntos posibles e unha perda de un punto na temperatura e outro no vento para un total de 54 puntos. Ascende ata a 5ª praza superando no desempate a Modesto grazas á vitoria lograda en Tura. Amais, convértese na primeira xogadora en chegar ata as 20 vitorias en soidade. Noraboa pola xesta!!

53 puntos para Popolo, outro dos intrépidos na derradeira xornada. Con mellor aposta en auga, a sua predicción de temperatura estivo por baixo da de Mina, pero ainda así leva a presea de bronce e praza de cacheira de serie para a Ojete’s Cup. Boas novas para un xogador con pouca ledicia nos derradeiros tempos.

Lume e Punteiro sumaron 52 puntos, con apostas en chuvia altas. Lume estivo a punto de facer a machada. Se cairan 4 litros máis lograría a vitoria na etapa e o segundo posto na xeral. Pero iso non pasou e queda a un só punto do 3º posto, pero pasando á Ojete’s Cup coma cacheira do torneo. E a derradeira cacheira, o oitavo posto, queda para Punteiro, que viña do posto 17, o burbulla, e superou a proba con nota.

Eiquí rematan @s apostantes que superaron os 50 puntos. Con 46 puntos chegou o líder Landrán, que volveu arriscar na chuvia e volveu ter éxito na empresa. 44 puntos para Kaltxon, que sube ata o 7º posto e para Víbora, que nadou pra morrer na beira da costa do Top-16. Mesmo caso para Balboa con 43 puntos. Os dous foron superados por vitorias por Sarabia, penalizada por tardosa e cunha aposta penosa que a levou a marcar 16 lamentables puntos, pero con acceso á Ojete’s Cup.

Éstes son as 8 mellores puntuacións da xornada en Tura. Se queres máis información sobre o acontecido nesta derradeira etapa do IX Torneo de Vran, pica no enlace que atopará baixo este texto.

Na OjeteQuake vivimos un troco de zona para o maior sismo do domingo. Desta volta o epicentro foi para o medio oriente, ao suroeste de Pakistan e cunha magnitude de 5,5. Esa zona é patrimonio de Modesto dende o principio da liga. Nesta ocasión situóuse na fronteira de Irak con Irán e cunha magnitude apostada de 5,3 Mg. acadou 470 puntos e a sua primeira vitoria na competición dos terremotos.

Segunda praza para Balboa dende o noroeste de Mongolia e 448 puntos. Oscar suma 444 puntos dende o norte de China. Iru acada 441 puntos dende o oeste de Indonesia. Breogán77 fai 438 dende o este de Taiwán.

Xowi aumenta a vantaxe sobre Kaltxon na clasificación xeral, mentras no Top-10 seguen máis ou menos os que estaban, ainda que con diferenzas mínimas entre competidores. Pouco máis de 150 puntos de distancia entre o líder e o posto 6 aseguran emoción nestas derradeiras 4 xornadas que restan para o final da edición do 2022.

Se queres acadar os datos recollidos na 17ª etapa da OjeteQuake 2022, preme no botón que deixamos baixo estas letras.

Os que conseguíchedes praza para a Ojete’s Cup 2022 recordade que a primeira rolda esta adiada para este fin de semana. Ó longo do día de hoxe presentaremos as etapas e o cadro de competición da Ojete’s Cup, a desputar na costa occidental da India, ó longo da cordilleira dos Western Ghats. Durante esta semana iremos pechando o Torneo de Vran, coas estadísticas da competición. Seguide en liña!!!

Saúde e sorte!!!

Clima en estado puro Ler máis »

Non vai máis

Semella que a derradeira xornada do IX Torneo de Vran, a decisiva tanto para quen tenta gañar a competición, coma para adquirir boleto para a Ojete’s Cup 2022, localizado na cordilleira montañosa que cobre a parte suroeste da India, os Western Ghats. Ainda que xa se agardaba, esta etapa final pode dar a volta á clasificación xeral e trocar moitas cousas. Xa se albiscaba pola fama do estado de Meghalaya, pero ademáis ven ratificado polas apostas acollidas.

As apostas en temperatura máxima van dende os 20 ata os 34º C., con todo un abismo polo medio e unha aposta a contrapé de 41º C. As temperaturas mínimas, entre os 14 e os 27º C., outra fonda trincheira, e cunha aposta que chega ata os 31º C. As apostas en pluviosidade marean cando as miras, oscilando entre os 3 e os 60 litros. Iso sí que é un parámetro aberto… Polo que atingue ós refachos de vento, sitúanse entre os 18 e os 39 km/h, o parámetro máis axustado.

Con isto por diante, non podes perder detalle do que aconteza este domingo en Tura, nos West Garo Hills. Ofertamos este enlace ao vivo que comezará a traballar a partires das 03:00 horas desta mesma madrugada.

A OjeteQuake 2022 chega ata as 5 derradeiras xornadas desta competición sísmica anual. O groso das apostas seguen concentradas no este de Asia, con epicentros dende o noreste de Rusia ata as inmediacións de Fiji. Fora desa área atopamos marcas ao norte de Chile, en Irak, norte de China e noroeste de Mongolia, xunto con unha arriscada aposta na costa de Gabón, ao sur do Golfo de Guinea. A magnitude máxima apostada acada os 7,1 Mg.

Se queres coñecer en tempo real o que suceda na 17ª etapa da OjeteQuake 2022, pica neste enlace ao vivo, en directo dende as 03:00 horas desta noite tropical en Galicia.

As apostas:

Apostas meteo en Tura
Apostas sísmicas

Saúde e sorte!!!

Non vai máis Ler máis »

Faio na estación West Khasi Hills

aviso de troco

Dende eltiempoentuojete debemos de dar conta dun troco de última hora na derradeira etapa do IX Torneo de Vran. Esta 5ª e decisiva etapa troca a súa ubicación debido a que a estación relacionada (Nonstoin_kvk) somentes oferta datos de entre 10 e 15 horas diarias, insuficientes para o desenrolo da competición. Tratamos de acadar os datos da estación de Cherrapunji, poboación máis chuviosa do mundo cunha media anual de máis de 12000 litros/metro, pero non ten en activo o anemómetro, polo que no teríamos datos de vento.

Decidimos entón pasar a etapa de West Khasi Hills cara o oeste do estado de Meghalaya, á estación que se ubica en West Garo Hills, co nome de Tura_kvk. Agardamos non xerar moitas molestias, pero foi un troco necesario para a correcta finalización do torneo. Os menús e a etapa xa foron modificados para amosar os datos da nova etapa, pero se atopas calqueira faio ou carencia, rogamos no lo fagas saber no noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com

Saúde e sorte!!!

Faio na estación West Khasi Hills Ler máis »