O camiño do Olimpo

Etapa de altura a 19ª da Liga da Inverneira a desputar no alto do Cebreiro. Estación mítica de eltiempoentuojete, pode encumbrar a un/ha participante no Olimpo Meteorolóxico amateur. Cun tempo previsto acorde a unha etapa de gran calidade e emoción, a chuvia estará presente, quizáis en forma de neve, o vento medio/forte e as temperaturas á exame.

A clasificación xeral tamén podería trocar drasticamente nesta penúltima xornada nos cumios de Ourense e Lugo. As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 14 e os 6º C. Nas mínimas atopamos valores entre 1 e 7º C. As apostas de pluviosidade comezan en 6 litros e chegan ata os 20, cunha aposta mínima en 3 litros. O refacho de vento vai dende os 23 ata os 107 km/h. Moita variedade de apostas á conta da visita da borrasca Justine, nome de protagonista do Marqués de Sade. Pode ser que a chuvia sexa dourada…?

Para seguir esta etapa sádica no Cebreiro, fai clic neste enlace á xornada ao vivo, ou busca no Acceso Rápido. Todo a partires da 01:00 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

O camiño do Olimpo Ler máis »

Mordendo os pezuños

Nova xornada sobre mollado e na que tivemos que agardar ata o derradeiro minuto para obter tódolos datos dos parámetros precisos. O vento, baixo para a media de apostas, quedou anclado nos 44 km/h. xa dende as 03:00 horas da madrugada. Era o final de Ignacio, que tamén aportou preto de 7 litros ó mesmo tempo que o refacho. E quedou estancado, agardando pola borrasca anunciada para a tardiña. A primeira hora da mañán acadóuse a temperatura mínima, 4º C. Na sesión vermú o mercurio chegou ata os 7ºC. de máxima. Todo quedaba pendente do que chegaría entre lusco e fusco. A cazoleta da estación acumulaba 7,6 litros antes de que, ás 19:00 comezara a chover paseniño pero sen parada. E non paróu ainda cando xa rematara a nosa xornada e a auga chegaba ata os 13,5 litros.

Na faceta humana, estivemos a maior parte da etapa baixo o xugo de Budainca, con baixas cifras en auga e vento. Cara as 22:00 h. vía como tiña que compartir vitoria virtual con Xowi. Pero na derradeira hora de competición chegou dende atrás Landrán, quen con pleno na temperatura e na chuvia levou a vitoria en soidade, terceira xa nesta edición. Un par de descoidos fan que Landrán, o xogador máis loureado nesta edición, esté perdido no medio da clasificación xeral.

Cun punto menos, 52, os desafiuzados no derradeiro momento Xowi e Budainca. Xowi volta compartir praza con Modesto, que acadou 50 e xuntos vanse achegando a Punteiro, na 5º praza. Budainca tenta achegarse ó grupo que loita por entrar no Top-10.

Con 51 puntos está Julio, mantendo a 4ª praza e recortando puntos cos predecesores. Michi, que entra na batalla polas posicións que dan acceso os dez mellores. Sarabia sube ata o posto 15 tentando recortar co grupo de diante. Lume escada algún posto preto do Top-20 e semella buscar unha vitoria pola que suspira.

Un paso por tras, con 50 puntos está Botikas, que emparéllase coma líder a Verducido nun baile de posicións. Modesto segue mantendo o tipo ante o embate de Xowi, a máis de alonxarse un pouco de Marius. Víbora entra por fin no Top-10 e continúa na traxectoria ascendente. Kalandrakas non é habitual neste resumo dos mellores da xornada, pero cando non se penaliza é moito máis doado. Pecha o Top-11 de xogadores que acadaron os 50 puntos, feito que da conta da dificultade da xornada en O Courel.

Hoxe non ímos falar mal de ninguen xa que, a pesares de que pouc@s meteoludópatas acadaron os 50 puntos, tampouco ninguén baixou dos 40 pts., nen sequera o penalizado Denodeno. Noraboa por iso a tod@s!!.

Se queres debullar todo o acontecido na 18ª xornada da Liga da Inverneira, en O Courel, preme no botón abaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Mordendo os pezuños Ler máis »

“Nacho” no Courel

Ainda metidos de cheo no tren de borrascas, este sábado imos recibir a visita de Ignacio. Despois de Gaetan e Hortense, Ignacio promete vento forte e chuvia intensa. Imos ver o panorama que agarda en chan ourensán, na Serra do Courel e se vai desbordar a Lagoa da Lucenza.

As temperaturas máximas oscilan entre os 5 e os 11º C. Máis apertadas están as mínimas, entre 2 e 6º C. A pluviosidade abarca apostas dende os 4 ata os 14 litros na sua maioría, ainda que atopamos 2 xogadores con máis de 20 litros. Os refachos de vento van dende os 40 ata os 90 km/h., ainda con algunha aposta por baixo de 30 km/h.

Con estes valores agárdanos unha xornada coa emoción ata o derradeiro minuto, coma sempre. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

“Nacho” no Courel Ler máis »