Crónica dunha aldea galega
Modesto achéganos unha curiosa letura recomendada. “La aldea gallega” e unha visión do rural galego de principios do século XX plasmada en tinta por un xoven xuiz sevillano que coma primeiro destino recalou no concello ourensán de O Bolo. Esta visión peculiar sobre tódolos aspectos da vida nunha aldea galega viu a luz en 1914. Modesto presenta unha reflexión sobre o texto que nos achega ó contido de “La aldea gallega”, de Nicolás Tenorio. Unha gran introducción para unha obra que podes desfrutar a través dun enlace que atoparás ó final do artigo. Pica no enlace de embaixo para acceder.
E recorda que tí tamén podes contribuir e participar facendo algún artigo, reflexión ou recomendación. O noso correo sempre está acendido para achergarnos archivos ou resolver dúbidas. É este: eltiempoentuojete@gmail.com
Deixa a tua pegada na internet!
Saúde e sorte!!!
A emoción do baleiro

Rematou a 15ª xornada da VII Liga da Inverneira na Galiza coa sensación de que nos quedou algo atrás. Por suposto non a tod@s. Pero moit@s meteoludópatas amateurs agardaban máis movimento na parte final da etapa do Alto do Rodicio. As temperaturas tiveron unha mínima amplitude de 1.5º C. Os valores finais son os mesmos que as 01:00 da madrugada. As prediccións tamén apuntaban a chuvia na tardiña, pero máis aló das 12:00 horas somentes se engadiron 0.3 litros, que non modificaron os 2 litros finais. O refacho de vento acadou o seu máximo antes das 17:00 horas, con 24 km/h., inferior á tasación da media de apostantes.
Pero foi suficiente para encumbrar a unha parella con distintas traxectorias. Bar Pequeno continúa soterrado máis aló do posto 25 da xeral, pero acada unha vitoria que moit@s ainda non celebraron. Para Modesto, significa a confirmación dun percorrido con mellora contínua dende a zona media ata os postos de honra.
Os seus veciños no Top-10, Landrán, Marius e Balboa chegaron na segunda puntuación da xornada e manteñen o seu status de aspirantes. A mesma puntuación, 54, para Breogán77 e Iru, que o contrario dos anteriores, ainda non estabilizan o seu traxecto. Con 53 puntos asoman os 2 primeiros da xeral, Botikas e Verducido. Duas vellas glorias, Michi e Mina, tamén neste saco, están ás portas do Top-10. Iago e M. B. Juaquín levan unha pequena ledicia dentro dunha actuación xeral preto do deplorable.
Estes son os primeiros na xornada do Alto do Rodicio, pero se queres indagar máis no acontecido na 15º xornada da Liga da Inverneira, pica no botón embaixo estas letras.
Saúde e sorte!!!
No aperitivo, Rodicio
Primeira xornada a desputar neste 2021 e o Alto do Rodicio será xuiz e parte nesta nosa causa. Agardamos unha xornada compricada, máis tendo en conta as apostas remitidas.
As apostas sobre temperatura máxima oscilan entre 0 e 4º C. As mínimas, entre -1 e -4º C. Tamén moi apertadas as apostas en pluviosidade, con valores entre os 0 e os 5 litros. Os valores de refacho de vento van dende os 16 ata os 50 km/h., cunha punta mínima en 7. Nesta tesitura semella que calqueira podería levar a vitoria no domingo. As apostas son tan semellantes que ata o derradeiro minuto non saberemos quén marcha cun roscón de reis.
Esta emocionante etapa podes seguila ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 horas da madrugada.
Moitos asuntos a vixiar, coma a 4ª praza da xeral de Punteiro, a quen lle quedaban media ducia de uvas antes de apostar fora de tempo e penalizar 10 puntos. O mesmo caso que Lume, no posto 15. Os dous son reincidentes cando se trata de festivos e moit@s no Top-10 agardaban estas datas para eliminar competencia. E os amig@s african@s non defraudaron. Quén quere mellorar a sua posición?





