Rematando o 2020

Xa estamos a rematar o ano 2020 e en eltiempoetuojete aproveitamos para recordar que o día de nadal, o 25 de decembro temos aposta. Recordámolo porque as festas, ainda que en modo COVID van ser menos festas, os efectos dos “dulces” fan que a cachola perda o norte con facilidade. Recorda facer a tua aposta. Non é a primeira vez que incluso a organización esquece enviar a mensaxe de aviso. Por iso, e por máis, cabeciña.

Por outra banda, a petición de vari@s meteoludópatas, creouse unha páxina que acolle todas as clasificacións xerais por xornada. Podes examinar a tua evolución na Liga, ou a de calqueira outr@ participante. Para atopala, navega ao menú de Resultados VII Liga da Inverneira.

Estreamos tamén un artigo en galego sobre unha persoaxe polémica de principios do século XX, Charles Fort é o responsable principal de que Canal de Historia emita programas coma “Alienígenas” e similares. Precursor de Jiménez de Oso e Chicho Ibáñez Serrador, presentou en 1919 o “Libro de los Condenados”. Un listado con centos de informes sobre chuvias estranas de todo tipo. Inclúe lúas de varios cores, fenómenos atmosféricos sen explicación ou caidas de meteoritos. Pero o mellor é a sua maneira de criticar os grandes cerebros da época, cunha elocuencia irónica que te vai facer rir a cachón. Non che conto máis porque o artigo adxunta un enlace ó libro en castelán. Sen medo, que ten status de Dominio Público. Recorda que está escrito en 1919 e as ciencias non estaban tan adiantadas coma hoxe en día. Ainda así, letura altamente recomendable. Pica na foto…

E coma remate, unha alarma social de tódalas festas de Nadal, da que nos facemos eco dende eltiempoentuojete. Evita a estes perigosos suxeitos e desfruta dunhas celebracións sen sobresaltos.

Saúde e sorte!!!

Rematando o 2020 Ler máis »

Remate imprevisto

Preciosa e moi emocionante xornada en Ventosa para despedir un outono do que non nos podemos queixar. E grande resposta da maioría d@s meteoludópatas apostantes, por riba dos 50 puntos e con poucas diferenzas en xeral.

O primeiro parámetro que quedou fondeado foi o da temperatura mínima, que na madrugada do domingo chegou a baixar ata os 6º C. (5.6, preto do 5). Cara o mediodía acadábanse 10.2º C. e comezaba a baixar. Semellaba definitiva. Tamén nese horario o refacho acadaba os 40 km/h., ainda que se agardaba un incremento cara a noitiña. Pero a sorpresa dóunola a chuvia, que pouco despóis das 5 da tarde facía unha aparición que as prediccións non contemplaban ata a noitiña. Ás 11 marcaba 3 litros e deixaba de chover. Pero o asombroso estaba por chegar cando na derradeira medición da estación meteorolóxica o refacho alcanzou os 49 km/h. definitivos. E por riba, a temperatura máxima toleaba ó superar o limiar dos 10.5º C. e redondear a 11º C.

Este final de xornada apaixoante deixou coma gañador en soidade a Iru con 57 puntos, que ainda que non o saca da poza, permite escribir o seu nome coma gañador nesta edición. Por tras con 56 está Beocha, que mantén a terceira praza, resta un punto cos de enriba e engade 7 puntos ó seu persecutor máis cercano. Tamén con 56, Mina empata no derradeiro lugar do Top-10.

Un punto por baixo, 55 atopamos ós líderes, Botikas e Verducido, beneficiados polos trocos do final do día. Marius, Balboa e Víbora manteñen o Top-10 e achéganse ás prazas de honor. Oscar comparte puntos pero segue a afogar na fosa sética. Estes son os 9 primeiros en Ventosa. O Top-10 comprétano ata 8 meteoludópatas, e iso é moito citar…

Na cachola da clasificación todo segue igual, ainda que o trio do podio volta a coller puntos ós persecutores. Algún deles seica xogou “pexado“, coma os cabalos, no caso de Nanuq, cunha mala predicción xeral que o enviou ata o posto 13 e Julio, que perdía 5 puntos somentes no vento. De único “acosador” a xefe de grupo de caza con Punteiro e Xowi. Michi lidera o grupo que loita por achegarse o grupo de Julio.

Para afondar nos resultados deixados nesta derradeira xornada de outono, pica no enlace a Ventosa, embaixo este texto.

Esta semana deixamos o outono, entramos no Nadal e presentaremos algunha novidade, ademáis de despedir este ano coma se merece. Que vaia tomar polo cú…

Saúde e sorte!!!

Remate imprevisto Ler máis »

A derradeira de outono

Borrasca achegándose dende o Atlántico

Ventosa marca o final do camiño do outono na VII Liga de Inverneira. Ainda sumerxidos nun tren de borrascas, a situación para este domingo é de inestabilidade. O concello de Navia de Suarna será testigo dunha nova xornada de eltiempoentuojete, a que marca a metade da competición.

Desta vez temos apostas na temperatura máxima que van dende os 8 e os 14º C. Nas mínimas atopamos valores dende os 3 e os 8º C. A pluviosidade, de novo unha dor de cachola, oscila entre os 0 e os 5 litros. No refacho de vento vemos apostas dende os 13 e os 70 km/h., sendo un parámetro clave nesta xornada.

Sendo así temos por diante unha grande xornada en altura, con apostas que poden dar a vitoria a calqueira d@s meteoludópatas presentes en Ventosa. Non perdas esta etapa que se vai emitir ao vivo dende este enlace a partires da 01:00 horas desta madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

A derradeira de outono Ler máis »

A chuvia ausente

Único paraugas usado en Marroxo no domingo

Case que podemos dicir que choveu en tódala comunidade agás na terra de Lemos. Día de “piolla jorda” que non chegou a afectar á estación de Marroxo, ainda que a outra estación do concello, á que está no pobo, rexistrou 0.6 litros. As temperaturas quedaron altas para o lugar e o tempo e o refacho acadou os 55 km/h., nun momento puntual do día.

E de todo isto sae un gañador en soidade, cunha predicción raiando no sobresainte. Landrán acadou 58 puntos de ensoño, superando ó resto de competidores, á conta dun refacho illado e unha chuvia que non chegou ata preto das 02:00 da madrugada. Entra de cachola no Top-10 e únese á loita polo título. Noraboa pola fazaña!!!

No segundo paso do podio está Julio, que segue a recortar puntos co trio de cabeza e alonxándose do 5º clasificado, xa a 7 puntos. A tendencia á alza fai acender as alarmas dos primeir@s clasificad@s. Popolo tamén acada eses 57 puntos, entrando forte no Top-20 e prometendo mellores tempos.

Dende eses 57 puntos temos que baixar ata os 54 puntos para atopar a Verducido, que volta compartir o posto cabeceiro. Compoñente Sur e Modesto afianzan os postos no Top-20, zona á que se achega Ocandepavlov, remontando dende á poza do xurro. Xowi chega ata o 5º posto e tentará reducir o burato cos postos superiores.

Con 53 puntos atopamos 4 xinetes. Parte do Top-3, Botikas e Beocha manteñen posición, vendo como Julio ameaza ó podio. Balboa segue recuperando sensacións, mentras Jose Lopez busca o punto que o achegue a un Top-10 que perdeu non fai moito.

Na clasificación xeral podemos atisbar un baixón no rendemento dos ocupantes do podio, que somentes está a aproveitar Julio. O Top-10 estaba moi estático e iso fai que xente coma Landrán cheguen con forza dende a zona media. Agardamos que sexan máis @s intrépid@s que tenten loitar por un título que ainda non está decidido, nen moito menos.

Se queres examinar o acaecido na 12ª xornada da VII Liga da Inverneira, en Marroxo, pica no enlace abaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

A chuvia ausente Ler máis »