O final da mariña

Derradeira xornada das desputadas na zona da costa do país. A partires desta semana a liga meteorolóxica de eltiempoentuojete vai cara cotas máis altas onde pronosticar e para demostrar que os mellores han de ser xogadores todoterreo. Pero antes imos desglosar o acontecido en A Gándara, no concello coruñés de Vimianzo.

As temperaturas tiveron pouca amplitude térmica e a máxima acadou os 13º C. A mínima non baixou dos 9º C. A chuvia non fixo aparición e quedou espallada sobre todo pola provincia de Ourense. O refacho de vento chegou ata os 35 km/h., axustado ó tipo de xornada acontecida.

Deste modo sairon a parella de gañadores da xornada. Xowi mallou as temperaturas e perdeu un punto en cadanseu dos outros parámetros. Lume somentes perdeu un punto na temperatura e outro no vento. Xowi escada polo Top-10 e Lume semella vai saindo do pozo. Ambos suben ata o 3º e 4º posto na histórica de vitorias. Noraboa por todo iso…

Con 57 puntos, Balboa segue a recuperar o perdido en Ponte Caldelas e sitúase ás portas do Top-10. Con 56 están os dous líderes, Botikas e Verducido, que manteñen a posición. Tamén Punteiro, que chega ata o 5º posto, e Marius, Mina e Michi manteñen o Top-10 coa mesma puntuación. Con 55, Beocha ocupa a terceira praza, mentras Compoñente Sur e Ocandepavlov atopan de novo a regularidade. Nestes 12 mellores clasificad@s botamos en falta a Nanuq, Julio e Víbora, que retroceden, ainda que sexa no Top-10. Agardábase algo máis desta xentiña, pero queda tempo para demostrar a sua valía.

Se queres coñecer tódolos detalles deixados tras a xornada en A Gándara, pica no enlace abaixo exposto.

P.D. Agardamos que a non comparecencia de Juanito Caminante se deba a razóns de amnesia, resaca ou calqueira cousa que non sexa grave. Agardamos por tí…

Saúde e sorte!!!

O final da mariña Ler máis »

Estrea na Costa da Morte

A 10ª xornada da VII Liga da Inverneira inaugura a estación de A Gándara, no concello de Vimianzo. Ainda estando na Costa da Morte, non semella que traia moita “morte” para @s meteoludópatas de eltiempoentuojete. Ainda que se agarda algo de piolla, non será este ano onde ofreza a verdadeira faciana da Costa da Morte. Pero coma entrante non está mal…

As temperaturas máximas van moi parellas, con valores entre os 17 e os 13º C., con maioría de apostas en 14. Polo que respeta ás mínimas, van dende os 5 ata os 11º C. A maioría escolleu 9. As apostas de chuvia, bastante diversificadas, van dende os 0 ata os 4 litros, cunha punta en 18. No refacho de vento, atopamos apostas que van dende os 22 ata os 58 km/h., cun extremo mínimo de 9 km/h.

Polo tanto agardamos unha etapa con moitas posibilidades para calqueira, coa emoción da vitoria ata o derradeiro momento e que podes seguir ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta madrugada.

As apostas:

P.D. Ainda agardamos por Mingos e Juanito Caminante. Están en tempo ata as 16:00 horas. Despóis, comezaremos a preocuparnos.

Saúde e sorte!!!

Estrea na Costa da Morte Ler máis »

A xustiza de Lorenzo

A xornada desputada en Lira esta fin de semana estivo marcada polo tempo solleiro e un vento feble que resultou nunha alta puntuación de case tódol@s meteoludópatas.

A temperatura máxima rondou os 18º C., pero quedou en 17. Mesmo caso para a mínima, que se achegou ós 11º C., pero rematou nos 12 definitivos. Co parámetro da auga no peto, o vento poido ter protagonismo, pero quedou nunha marca pouco por riba dos 20 km/h. Poucos trocos ó longo da xornada, e non mudaron na távoa de resultados dende o mediodía, cando, as 12;00 , quedaron fixos os parámetros. Ainda así houbo que agardar ata o final da xornada para acadar os resultados definitivos.

Éstes resultaron nunha vitoria cuádruple, con Iago, Popolo, Víbora e Nanuq coma protagonistas con 58 bonitos puntos. Para Iago e Popolo supón unha inxeción de moral vendo cómo lles vai nesta edición. Olvidados máis alá do posto 20, estas vacas sagradas non atravesan o mellor momento. Isto muda para Nanuq e Víbora. O primeiro trata de se achegar ó Top-3, consolidando a posición. Víbora ingresa no Top-10, tentando recuperar sensacións cara o tramo montañoso da liga.

Un punto por tras, 57, unha recua de ludópatas. Botikas colle o mando, ainda que a távoa non fai conta das vitorias. Beocha queda a un só punto do liderato compartido e mete o Top-3 nunha puñada. Nanuq tenta pechar o burato con este grupo e coller aire cos persecutores. Xowi afiánzase na 8ª praza. Juanito Caminante, Aki e Budainca petan na porta do Top-10 recuperando confianza cara a montaña. Tamén asoma a cacheira Kaltxón, ainda que dende un posto preto do purín. Isto pecha o Top-10 da xornada.

Algúns detalles importantes. Verducido perde o liderato, ainda que só por unha vitoria, pero ve como Beocha tamén ameaza a posición. Michi segue caindo na clasificación xeral, esta semana somentes 52 puntos. E coma case tódolos anos, unha leción de vida. Mutombo perdeu 10 puntos por tardón. Estaría na plantilla de gañadores en Lira se non fora por apenas unha hora. E, como dicimos, non é a primeira vez…

E para acadar tódolos datos da xornada desputada en Lira, preme no botón abaixo exposto.

Na próxima xornada, en A Gándara, despediremos a costa de Galicia para percorrer o interior do país, con especial virulencia nas provincias de Lugo e Ourense.

Grazas por seguir a competir con nós e por coidarte.

Saúde e sorte!!!

A xustiza de Lorenzo Ler máis »

Lentes de sol

Non semella normal que teñamos que sacar as jafas de sol en manga corta. Mediados de novembro e as temperaturas máximas acadan niveis fora de contexto. Pero se saes da casa na mañanciña recordas que o inverno está enriba. O normal é morrer afogado no mediodía coa roupa que precisas no amencer.

Vista a situación anticiclónica semella un respiro despóis das derradeiras xornadas. E iso reflicten as apostas en Lira.

As temperaturas máximas oscilan entre os 14 e os 20º C. As mínimas non superan os 12º, amosando 8º na faceta máis baixa. Ninguén apostou auga, polo que o parámetro non será decisivo nesta ocasión. Polo que compete ós refachos de vento, van dende os 15 ata os 65 km/h., ainda que se agrupan na sua maioría entre 20 e 35 km/h. Con apostas tan axustadas nas mínimas, no refacho e, por suposto, na auga, pode ser a temperatura máxima o parámetro a ter máis en conta. Sería unha milagre que obtivéramos un único vencedor@, pero non sería estrano ver un pleno histórico.

Se queres seguir ao vivo esta xornada tan apertada, podes picar neste enlace á xornada ao vivo en Lira, a partires das 01:00 desta madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Lentes de sol Ler máis »