Os outonos de sempre

Seica nestes dous últimos anos o outono volta ofrecer a cara máis coñecida do país galego. Chuvia e vento achegados polas borrascas que surcan o Océano Atlántico fan das xornadas de eltiempoentuojete unha incógnita constante neste inicio de tempada.

Landrán foi o máis acertado en Cequeliños con 54 pts., axustando a chuvia ó límite e perdendo 3 puntos en cadanseu parámetro. Un derradeiro litro déulle a vitoria por diante de Xowi.

Xowi, con 53, achégase ó Top-10 compartindo posición con Botikas, tamén no segundo caixón do podio. Budainca sitúase pouco por tras de Xowi, e, na mesma zona atopamos ó novato, Modesto, recuperando o terreo perdido no inicio da competición.

A seguir a este grupo están Verducido, que conserva o liderato con 2 puntos de adianto, e Kaltxón, que trata de sair do pozo do purín. Acadaron os 52 pts.

Con marca e 51 está Michi e Punteiro, metidos na loita interna do Top-10. Marius sube con obxetivo no Top-10 e M. B. Juaquín demostra que cando se chega sen retraso o resultado é mellor.

Con 50, Beocha comparte agora a segunda praza da xeral. Oscar tamén mellora, pero moi afundido no esterco.

Estes 13 nombrad@s son os únicos que acadaron os 50 puntos nunha xornada moi compricada, pero que non afecta en demasía á clasificación xeral.

Na zona séptica afogaron Mingos e Kalandrakas, perdendo posicións importantes, Denodeno simplemente botou máis chumbo no lastre e semella cómodo fondeado na piscina do xurro. Un saudo agarimoso para Mutombo, que marchou de farra con Jean Reno, facendo cine no sur do noso país. Vaia excusa… a ver se apañas un Goya!!

Para acceder a toda a información correspondente a Cequeliños, 7ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete, pica no botón embaixo estas liñas.

Saude e sorte!!!

Os outonos de sempre Ler máis »

Tolemia no Atlántico

Imaxe do Atlántico hoxe ó mediodía

Nova xornada baixo a influencia das borrascas formadas no Atlántico. Para nós, reflíctese nunha nova etapa sobre mollado na VII Liga da Inverneira. Agora recordo as prediccións que para Galicia dedicou a axencia estatal de meteoroloxía, Aemet. Eiquí deixo un enlace a La Voz de Galicia onde se recollen estas declaracións: “Galicia tendrá un otoño cálido y seco”.

Para os competidores na porra meteorolóxica de eltiempoentuojete significa un novo domingo de emoción ata o derradeiro minuto. Desta vez na comarca da Paradanta, tanto as nosas prediccións coma os das axencias PRO indican tempo revolto, con chuvia, vento e pouca amplitude térmica. Outra ocasión para reivindicarse e tratar de escalar na clasificación xeral.

Nas apostas sobre temperatura máxima, os valores van dende os 13 ata os 17º C. As mínimas, entre os 9 e os 15º C. No que atingue á chuvia, as apostas están entre os 6 e os 24 litros, cunha única e arriscada aposta sobre seco. Os refachos de vento oscilan entre os 15 e os 74 km/h.

Deste xeito agardamos unha axustada e emocionante competición, que comezaremos a emitir ao vivo dende as 02:00 h. da madrugada do domingo e que podes seguir dende este enlace ao vivo.

As apostas:

Saudiña e sorte!!!

Tolemia no Atlántico Ler máis »

Unha estrea soñada

Imprecisas e trapalleiras foron as predicións que as axencias proclamaban cara o fin de semana. O anticiclón brillou en ausencia e deixou ceos anubrados, vento forte e unha piolla que foi enchendo a cubeta da estación de Serra da Faladoira. E foi ben a modiño coma acadou os 3 litros finais. A temperatura quedou entalada e somentes 1.3º C diferenciaron a máxima da mínima diaria. O vento soprou durante todo o día cunha media superior ós 40 km/h. O refacho definitivo fíxose agardar ata a noitiña, deixando a marca nos 82 km/h.

E como xa é tradición en eltiempoentuojete, tratamos ben ós novat@s. Ou ben tratan de despuntar… Éste foi o caso de Modesto, que xa pode trocar o nome. Agardou ata os derradeiros momentos da xornada para elevarse co vento e acadar unha vitoria gloriosa, alonxado por 3 puntos dos inmediatos persecutores, logro pouco doado nunha etapa destas características. Trepando dende o penúltimo posto na 1ª xornada, achégase ó Top-20, saboroso premio ó tesón desta promesa.

Por tras, un grupo cos mellores da cabeza da clasificación xeral, con Beocha, Botikas e Marius con 54 pts. Jose Lopez, Verducido e Balboa con 53. Con 52 puntos está Julio, Punteiro, Mina, Lume, Lukas, Kaltxón e Bar Pequeno. Kalandrakas, Xowi e Aki quedan con 51 puntos. Os principais dagnificados son Michi e Nanuq, no Top-5, con 49, e Víbora, a quen os 46 pts. acadados alónxano do Top-10.

Na xeral, Beocha empata con Verducido na primeira praza. Un punto limou Botikas, 3º. Michi e Nanuq faiaron, o que, unido á presión dos persecutores, fai que se peche o burato entre o 5º e o 6º posto, con Sarabia comandando un grupo con Julio, Punteiro, Juanito Caminante, Jose Lopez e Aki, compoñendo o Top-10. Moi preto, a só tres puntiños, Mina, Balboa, Víbora e Marius agardan unha oportunidade. Por baixo diso, somentes a vitoria de Modesto valoróuse positivamente.

Para acadar toda a información referente á 6ª etapa da Liga da Inverneira, na Serra da Faladoira, pica no botón abaixo estas liñas.

Saúde e clima!!!

Unha estrea soñada Ler máis »

Tempo revolto no norte

Durante toda a semana estivemos a escoitar por parte das axencias de predición meteorolóxica que o anticiclón deixaría unha fin de semana solleira en todo o país. Pero o certo é que o anticiclón foi buscar tabaco e non sabemos do seu itinerario. Supiñemos que está onde M. B, Juaquín, do que seguimos agardando predición. Confiamos que chegue antes das 16:00 horas, iso sí, penalizado.

As apostas poñen de manifesto a variedade de presaxios das diversas axencias e imos que ser nós os que evaluemos a situación prevista para o domingo.

As temperaturas máximas oscilan entre os 17 e os 22º C. As mínimas están establecidas entre os 10 e os 17º C. No que atingue á precipitación, as profecías estipulan chuvia entre 0 e 8 litros. Os refachos de vento van dende os 35 e os 85 km/h.

Desta maneira temos ante nós unha xornada pouco clara, o que vai disparar a incertidume, ingrediente necesario para unha desputa emocionante pola vitoria e a clasificación xeral. Podes seguila ao vivo dende este enlace á Serra da Faladoira.

As apostas:

Saudiña e sorte!!!

Tempo revolto no norte Ler máis »