Oportunidade en Xinzo

Panorama compricado coa visita de Jorge

Non foi pensada esta xornada para días de chuvia coma o domingo. Esta é unha xornada para xiadas e inversións térmicas, polo que as prediccións sobre chuvia non van ser sinxelas. A borrasca Jorge ven de visita e vai acumular incógnitas ata o día sinalado.

As apostas de temperatura máxima oscilan entre os 12 e os 13º C., con puntas de 8 e 15º C. As mínimas están entre os 2 e os 5º C., con puntas en 1 e 7º C.. As apostas de pluviosidade teñen maior amplitude, con vari@s Ulises na busca da Odisea, e podes atopar marcas entre 0 e 35 litros. Os refachos de vento van dende os 33 ata os 85 km/h.

Contodo isto temos por diante unha xornada que trocará de rexistros moi a miudo e que podes seguir ao vivo dende este enlace.

As apostas:

Sorte e clima!!!

Oportunidade en Xinzo Ler máis »

A crítica de P. Candieira por Canducho

Xa está dispoñible para case tódolos públicos a Crítica crónica da xornada de Punta Candieira, 22ª da VI Liga da Inverneira. Está perpetrada por Canducho, afamado felósofo da escola de Anocles. Podes acceder á páxina das Críticas-crónicas dende o botón embaixo este texto.

Recorda que somentes quedan tres xornadas para rematar a Liga da Inverneira. Ainda que xa preparamos unha Primaveira no exilio.

Saudos e sorte!!!

A crítica de P. Candieira por Canducho Ler máis »

O clima do norte

Mentras en Ourense acadaban este domingo os 26º C., o norte da comunidade quedaba baixo as nubes e costáballe chegar ata os 10º C. Os apostantes de eltiempoentuojete quedaron retratad@s na temperatura máxima, na que ninguén se puido achegar á marca de Punta Candieira. O vento tamén foi baixo para o lugar do xogo, o que fixo que un destacado levara unha etapa con pinta de múltiples vencedores.

Polo tanto, vencedor en soidade, cunha marca lonxe do resto do pelotón. O liderato non corre perigo e albíscanse pequenos movimentos na Clasificación xeral, moitos á conta dos “amigos do retraso”. Tres xornadas restan para o remate e calqueira puntiño é valorable.

Podes consultar tódolos resultados de P. Candieira e a sua repercusión xa xeral picando no botón embaixo exposto.

Saude e sorte!!!

O clima do norte Ler máis »

A crítica de Fontecada (Iago)

Dende eltiempoentuojete damos conta da publicación da Crítica crónica da xornada 21, en Fontecada, perpetrada por Iago. Pedimos desculpas porque estaba planificada para onte a sua publicación, pero, da mesma maneira que o Adianto de apostas, un faio na rede impedíunos todo tipo de comunicación. Podes acceder ás Críticas dende o botón de embaixo.

Recordade que de madrugada conectaremos o servizo de Xornada ao vivo, e tamén o de Clasificación ao vivo.

A crítica de Fontecada (Iago) Ler máis »