Implementación

Damos conta dunha implementación, ainda que máis ben e a posta en funcionamento da Xeral ao vivo. Na páxina de A etapa ao vivo, no menú de Acceso rápido, ademáis de atopar o enlace a Meteogalicia ao vivo e á Távoa da xornada ao vivo, agora tamén tes un enlace ao vivo para a Clasificación Xeral. Agardemos que traballe coma debería e que esta nova información sexa dispensada para deleite de usuar@s.

Moita sorte a tod@s!!!

Implementación Ler máis »

O anticiclón do Cebreiro

A derradeira xornada de alta montaña ven acompañada pola entrada do anticiclón das Azores e semella que deixará de chover para a desputa da etapa de eltiempoentuojete. Tamén se aprecia nas apostas unhas temperaturas anormalmente altas para o tempo e a zona de xogo.

Atopamos nas temperaturas máximas apostas de entre 10 e 14º C., con pico baixo en 9 e máximo en 15º C.. A maioría das apostas de chuvia están baleiras, non sendo litros soltos e un Nostradamus que presenta 44 litros. O refacho de vento enmárcase entre os 13 e os 65 km/hora.

Deste xeito imos ter unha xornada moi emocionante, con apostas moi parellas e, ainda que semella de transición, pode definir o resto da competición, pola altura na que nos atopamos no calendario. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires da madrugada do domingo.

As apostas:

Sorte e clima!!!

O anticiclón do Cebreiro Ler máis »

Agardando pola chuvia

Así pasamos grande parte da tarde e a noitiña. Agardando por unha chuvia que non apareceu ata 2 horas máis tarde do peche da xornada. Ainda así atopamos unha gran cantidade de apostas de moito nivel, en case tódolos casos por riba dos 50 puntos.

A máxima a piques de chegar a 9º, pero quedou en 8. A mínima marcou de madrugada e mantívose unha tardiña agradable, sen chuvia e co refacho de vento crecendo conforme nos achegábamos ó límite temporal, acadando os 46 km/h finais.

Deste modo repiten as mulleres por terceira semana consecutiva levando a vitoria. Desta vez son 2 as vencedoras, con 58 puntazos. Unha inmersa na loita dentro do Top-10 e a outra leva unha alegría nunha Liga na que non se da adaptado. Por tras moitas puntuacións elevadas e algún pequeno troco na xeral.

Se queres acceder a tódolos resultados da xornada de Courel, 18ª da Liga da Inverneira, preme no botón baixo estas liñas.


Saudos e sorte!!!

Agardando pola chuvia Ler máis »