As sobras de Karim

Non quixo Karim agardar por nós ata o domingo e despregou o sábado todo o que tiña para Galiza. Só nos deixou unha cola de vento medio e chuvia cativa que tivo como escenario a madrugada do domingo, nas primeiras horas da nosa xornada.

A primeira medición do anemómetro foi definitiva. Ás 00:10 sinalaba 51 km/h., marca por riba da maioría dos valores apostados. E cara a mañaciña o termómetro baixou ata os 6º C., tamén inferior ós rexistros da maioría dos meteoludópatas. Na sobremesa, pouco antes das 16:00 h. o mercurio acadaba os 10º C. Chegou a 10,52, insuficiente para o redondeo por 0.03º C. E pouco máis de 4 litros de chuvia se recolleron na madrugada, pero na sesión vermú engadíronse 0,5 litros para deixar a conta definitiva en 5 litros.

Os datos finais deixan 4 gañadores ó unísono e 56 puntos, con tres deles metidos en leas importantes. Rasta76 acada a súa primeira vitoria nesta tempada e segue afundido máis aló dos mediocres. Xowi sube unha plaza ata o 8º posto, tentando recuperarse dunha mala xeira de resultados. Modesto toma ventaxa sobre Marius para o título de “novato do ano“. Na mesma xogada adianta a Punteiro e Julio, chega a cuarta praza e suma a súa cuarta vitoria, o que máis. Unha boa posición no caso de empate. Finalmente Botikas apunta a súa segunda vitoria e colle o liderato con tres puntos sobre un Verducido frouxo en Cedeira. Posición que coñece e defende coma ninguén.

Con 55 pts. entra Mina, buscando recurtar o burato que a separa do Top-10. E, sorpresa, Muy Bien Juaquín, con aposta a 5 segundos da penalización, entra coa segunda mellor puntuación da xornada. Da súa posición na xeral, nin falamos…

Con 54 puntos, Marius segue a demostrar que hai futuro na canteira de meteoludópatas. Colócase a tres puntos da sexta praza e a sete do cuarto lugar. Se mantén o nivel é un rival a vixiar. Nesa mesma pelexa está Víbora que empata a Julio, ainda que con menos vitorias. A tres puntos de Punteiro no 5º lugar e a 4 de Modesto no 4º. O “grupo soicidaanda na llama… Sen esquecer a Beocha, na mesma puntuación e que manten unha velocidade “cruceiro” e nunha illa 16 puntos por baixo dos postos superiores e 21 por riba dos persecutores. Se buscaba tranquilidade, está case asegurada.

Con 53 puntos, Compoñente Sur, con traxectoria mediocre acorde á posición, do que agardamos máis. Landrán, semella resolveu os problemas de atrasos e ameaza a Michi na 12ª posición. Verducido perde comba no liderato, pero a unha distancia ainda recuperable.

No lado negativo vovemos a ter que falar de Julio, cunha xeira de malos resultados similar á de Xowi. Pero xa demostrou calidade suficiente e ha de ter unha carta agachada. Punteiro e Balboa perderon puntos e posicións e se non andan espelidos poden perigar os postos de honra que ocupan agora. Michi segue a cair na távoa, despois do espellismo da vitoria en Fornelos. Kaltxon é outro dos que veu truncada a sua remontada. Pero ainda hai tempo por diante… ou non?

Enriba tes os 12 mellores da xornada en Cedeira e despois non os piores, senón os que defraudaron na parte alta da xeral. Para afondar no acontecido na 22ª xornada da Liga da Inverneira de Galiza, preme no botón embaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

As sobras de Karim Ler máis »

O legado de Karim

Karim, cruzando de sur a norte

Xornnada post-apocalíptica a que imos vivir o domingo no concello de Cedeira. A estación de Punta Candieira xa rexistrou hoxe un refacho máximo de máis de 120 Km/h, pero semella que Karim vai marchar antes do comezo da xornada. Ainda así temos por diante unha etapa onde as diferenzas son suficientes como para trocar posicións na Clasificación Xeral.

As apostas en temperatura máxima están moi axustadas, con valores entre os 10 e os 13º C. As mínimas están establecidas entre 5 e 10º C. Nas apostas de pluviosidade atopamos valores dende 0 ata os 11 litros. As apostas de refacho de vento, o parámetro con máis amplitude, van dende os 20 ata os 87 km/h.

Podemos agardar moita emoción e trocos contínuos en ámbalas duas clasificacións. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partir das 01:30 horas.

As apostas:

Con ésta, son 5 as xornadas que restan para rematar a competición e ainda hai moita marxe en tódalas zonas da clasificación xeral, con xornadas entre as máis complicadas da comunidade e que poden trocar significativamente as posicións finais. Non desesperes, o mellor pode estar por chegar tendo en conta tódolos puntos ainda en xogo. Se sobreviviches a unha pandemia, tamén podes chegar a Xesteiras con algo polo que loitar. A “Liga da Pandemia”, como será recordada esta edición, ainda ten percorrido para tod@s.

Saúde e sorte!!!

O legado de Karim Ler máis »

Fornelos en secano

Da pena xogar unha xornada das características de Fornelos sobre seco, pero o clima manda e deixou un día de claros e nubes con temperaturas mínimas pouco habituais nesta época do ano. O vento soprou de sur e iso mantivo a temperatura alta. O refacho estivo dentro dos marxes apostados, polo que todo se decidíu por unha amplitude mínima.

Cara as 02:30 da madrugada o termómetro acadou os 9.2º C., que xa sería a mínima definitiva do día. Ás 12:00 o refacho chegou ata preto dos 60 km/h. que tamén sería o resultado final. E pouco antes das 14:00 a temperatura máxima marcaba os 14.2º C. e a xornada quedaba definida a falta dalgún refacho illado que modificara a clasificación. Cousa que non sucedeu, pero a ansiedade estivo instalada nos refachos máis altos ata o remate da etapa.

As puntuacións máis altas estiveron copadas, en términos xerais, pola gama alta da clasificación xeral. A vitoria , con 58 pts., foi compartida por Modesto, que xa presiona o Top-5, con Julio e Punteiro a tiro de pedra. Foi da man de Michi, que volta a situarse ás portas do Top-10, ainda que ten un burato amplo con Xowi.

Botikas entrou con 57 pts. e empata na primeira praza, ainda que cunha vitoria menos que o líder virtual. Víbora e Marius mantiveron o tipo ante Modesto e superan a xornada con nota alta. Balboa chapodou a Xowi, asume a 9ª praza e tenta manter preto ós postos que o preceden. Iru, ainda que máis aló do posto 20, peta na mesa con forza e semella melloría nas derradeiras citas.

56 puntos foron os acadados por Verducido, que mantén o liderato por vitorias, acosado por Botikas. Kaltxon sube ó posto 14, esquecendo o fiasco en Lardeira. Sarabia, cos mesmos puntos, chega ata o posto 25 compartillado.

Estas son as 10 mellores puntuacións da xornada en Fornelos. No Top-10 defraudaron Julio con 53 pts., agora rodeado polos lobos e Xowi, cunha baixada de calidade nas apostas das derradeiras xornadas, ocupa o faroliño vermello do Top-10. Mina e Nanuq, con 49 puntos, alónxanse do seu obxetivo, pero teñen tempo para acadar ese soñado Top-10.

Se queres indagar no acontecido o domingo en Fornelos, pica no enlace ebaixo este texto.

Saúde e sorte!!!

Fornelos en secano Ler máis »

O tramo final

Modelo de predicción no domingo 14 ás 12:00 h.

Comezamos a derradeira xeira de etapas da Liga da Inverneira en eltiempoentuojete cunha xornada das que adoitan ser decisivas. Pero este ano a chuvia semella que non vai entrar na ecuación de Fornelos. O anticiclón tomará as rendas no sur de Europa e agardamos tempo solleiro e algunhas nubes que non deberían deixar precipitación. O vento será de gama media sen esquecer os 700 m. de altitude da estación meteorolóxica.

Pero tal como se atopa a clasificación xeral calqueira punto vai ser crítico para a mellora no ranking. As apostas en temperatura máxima van dende os 11 ata os 17º C. As mínimas oscilan entre os 5 e os 10º C., con duas apostas por baixo dos 4º C. As apostas en pluviosidade están baleiras agás unha aposta en soidade de 2 litros. Os refachos de vento están entre os 18 e os 87 km/h.

Con esta perspectiva agardamos unha xornada moi emocionante e con posibilidades de acadar un pleno. Podes seguir a xornada dende este enlace ao vivo a partires das 01:30 h. desta madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

O tramo final Ler máis »