Facendo historia

A derradeira xornada da VI Liga da Inverneira de eltiempoentuojete estivo á altura dunha etapa final e a estación respondeu coma non fixera o ano pasado. eltiempoentuojete corona por terceiro ano consecutivo a Botikas, o lóstrego atetillado de Arzúa. Cando gañas duas veces consecutivas entras na suite do Olimpo da meteoroloxía amateur, pero con esta terceira vitoria hai que darlle as chaves e o código da alarma. eltiempoentuojete, coma no “1,2,3, responda otra vez“, tamén regalamos apartamentos en zonas exclusivas. Noraboa o merecido campión!!!

Polo que corresponde á xornada, os tres primeiros clasificados foron os mellores en Xesteiras, signo do competida que estivo a etapa. Non se moveu nada no Top-10 agás a perda do mesmo de Alucarda, por unha penalización por retraso. Tamén penado Juanito Caminante, mantivo o posto cunha moi decente puntuación. Destacar o 3º posto do novato do ano, Julio, diamante en bruto que agardamos continúe a traxectoria amosada nesta competición.

Antes de presentar os datos de Xesteiras, eltiempoentuojete quere agradecer a tódol@s que xogades con nós esta tempada, ós que manexan as távoas e a páxina para facer posible unha competición ÚNICA a nivel mundial. A calqueira que fixera, dunha maneira ou doutra, con pequenos ou grandes apoios, calqueira cousa que axudara o mantemento e apoio a eltiempoentuojete, mil grazas por estar eiquí, con nós.

Ademáis, estades tod@s convidad@s á proxima competición, a celebrar en primaveira en New South Wales e da cal daremos conta a partir desta fin de semana. As autoridades permiten viaxes on-line e non agardamos problemas en Australia.

Se queres investigar nos datos acadados na xornada final da VI Liga da Inverneira, en Xesteiras, Cuntis, pica no botón abaixo estas liñas.

Sorte e clima!!!

Facendo historia Ler máis »

Confinad@s en Cuntis

Xornada final da VI Liga da Inverneira marcada pola irrupción do coronavirus, alias COVID-19. En eltiempoentuojete tamén temos cuarentena, fixada meses atrás, pero voltaremos no mes de Abril coa competición fora das nosas fronteiras, a VII Liga de Primaveira. Namentras, recorda lavar as mans, gardar distancias e evitar sair da casa na medida do posible.

Pero ainda temos traballo na derradeira da Inverneira. Por riba da coronación do líder absoluto nas 2 tempadas pasadas, temos moitas loitas por dilucidar, tanto na configuración do podio coma na do Top-10 final. E a vitoria de etapa para o resto que non xoga nada, ainda que tamén pode ser importante para desempates entre xogador@s.

As apostas de temperatura máxima, moi abertas, van dende os 6 ata os 14º C. Nas mínimas, apostas entre 2 e 7º C. Na pluviosidade temos apostas dende 0 ata 22 litros, ainda que a maioría delas andan entre 5 e 10 litros. O refacho de vento, tamén con moita amplitude, vai dende os 21 ata o 85 km/h.

Desta maneira quizáis academos un gañador en soidade nunha xornada con moitas variables e, recordemos, nun lugar onde a meteoroloxía adoita ofertar moitas sorpresas ó longo da xornada. Podes seguila ao vivo dende este enlace.

As apostas:

Saudos e sorte!!!

Confinad@s en Cuntis Ler máis »

Sen rebelión en A Granxa

A penúltima xornada da VI Liga da Inverneira de eltiempoentuojete estivo presidida pola carencia de vento, a baixa precipitación e temperaturas con relativa amplitude térmica. A chuvia foi protagonista na primeira metade do día e o vento, por ausencia, durante toda a xornada.

Na távoa de resultados atopamos dous gañadores con 55 puntos e con apostas moi preto da realidade. Un deles anda moi activo nas derradeiras xornadas furando duro dentro do Top-10, mentras o outro vencedor loita por asomar a cachola na zona media da clasificación xeral. Recordatorio importante para o tardoso da xornada, quen de non ser pola penalización, estaría recollendo o premio da semana. A impuntualidade deixouno sen proveito.

Para a derradeira xornada, en Xesteiras, quedan moitas cuestións sen resolver. O líder semella que terá un paseo vitorioso en Cuntis, mentras as loitas polo podio, a mellora de clasificación e unha dura pelexa por un posto no Top-10, serán algunhas das batallas principais da etapa final.

Pero antes podes comprobar por ti mesmo os datos recollidos na penultima xornada da Inverneira, picando no botón de embaixo e así estar preparad@s para o embate final en Cuntis.

Saudos a tod@s!!!

Sen rebelión en A Granxa Ler máis »